Gastronomía

A gastronomía do concello está directamente relacionada cos froitos locais e coas inmellorables carnes. Son de sona os produtos derivados do fumeiro, as carnes de porcino adquiren excelente calidade curadas tradicionalmente aproveitando tamén as características climáticas. De renome tamén son as carnes de vacún, cabrito e cordeiro. A castaña, xunto co xabarin, é un dos produtos estrela no xantar colectivo da Feira Forestal Provincial de A Gudiña, onde as sobremesas e os menús condimentados con este froito da terra teñen multitude de variantes. Viño e augardente tamén son bebidas da terra, nos vales do sur aínda quedan plantacións de viña que producen viño de calidade. Chegado o outono, entre o mato saen variedades de setas e nos colmeares das bareiras amparadas as abellas traballan para ofrecernos o seu gustoso mel. A pesca e a caza achegan pratos deliciosos, coello, perdiz, codorniz, troita, peixe ... son larpeiradas moi devecidas.

A GudiñaA GudiñaA Gudiña
Estrada Xeral, 30
32540 A Gudiña. Ourense
Tel.988 421 195