Economía e Recursos

Desde sempre, A Gudiña estivo vencellada ás vías de comunicación, de feito a capitalidade municipal naceu e medrou a carón dunha das máis importantes, a que entra e sae da Comunidade polo sur, e o mesmo se pode dicir doutros núcleos que nos rememoran a súa vinculación con estas antigas rotas: Mesón do Purrián, Mesón do Maragullo, Mesón do Alcalde, Mesón da Irene, Mesón do Prieto, Venda do Espiño ou da Cerdeira, Venda da Teresa, Venda da Capela, Venda do Bolaño ... Venda Vella, Mesón Vello ... e outros topónimos de poboacións como Parada da Serra, de edificios: Casa da Parada, de antigas rutas: Verea de Postas... A documentación hístórica tamén deixa constancia significativa do seu carácter viario, reseñando edificios dedicados ao comercio, pousadas, mesóns, vendas... ao paso de viaxeiros relevantes, de comitivas rexias, do paso habitual de peregrinos, seitureiros, chanqueiros, cordeiros, afiadores, etc., que ían e viñan pola Vrea da Serra Seca, ou polo Carniño Real a Verin, ambos xebrados no núcleo da Gudiña como recolle nunha cartela o cruceiro situado na Praza , o cal ten data de 1627.

Velaquí que este paso habitual de persoas e de mercadorías, xa desde tempos antigos, é o que lle confire ese carácter viario que identifica a estas terras, e que influíu notablemente no seu tecido económico, pois na actualidade unha moderna rede hostaleira e de outros servizos segue a facer presente este legado, integrada na vila da Gudiña como área de servizos, con entrada e saída á autovía A-52, con varias paradas de autobuses e estación de ferrocarril.

A economía local tamén xira ao redor dos recursos agropecuarios, rabaños de ovino e capríno pastan en montes e a cabana bovina na importante extensión de prados. No sector forestal destacan especies coma o carballo e o piñeiro; os soutos de castiñeiros proporcionan o froito da castaña e madeira. Entre outras, as singularidades paisaxísticas e orográficas fan deste concello un lugar ideal para a práctica do turismo rural.

A GudiñaA GudiñaA Gudiña
Estrada Xeral, 30
32540 A Gudiña. Ourense
Tel.988 421 195