Cultura e Deportes

Ao longo do ano desenvólvense toda unha serie de actividades culturais, lúdicas e deportivas, promovidas e apoiadas polo concello e por diversas asociacións locais. Antano, o fútbol tivo bastante relevancia, e na actualidade, no verán, celébrase un importante maratón de fútbol-sala, un campionato de baloncesto e outras competicións tradicionais. O concello conta cunha moderna piscina na capitalidade municipal que abre as súas instalacións no verán, época na que tamén se organizan campamentos urbáns para os nenos. A caza e a pesca contan aquí cun couto de caza intensiva e con varios ríos onde practicar estes deportes. Concentración de motos, probas automobilísticas, carreiras pedestres... son outras das actividades lúdico-deportivas a salientar.

A GudiñaA GudiñaA Gudiña
Estrada Xeral, 30
32540 A Gudiña. Ourense
Tel.988 421 195