Xornadas Internacionalización, 29 de SetembroXornadas Internacionalización, 29 de Setembro

A Asociación de Empresarios e Comerciantes de A Gudiña crease ante a necesidade de constituir unha asociación sin ámbito de lucro, que mirase polos intereses dos empresarios no barrio da Magalena, xa que se está a incrementar o número de asociados de maneira considerable.

Con este precedente, e en vista das necesidades existentes, estimando as vantaxes que unha asociación destas características podería proporcionar aos asociados, varios empresarios tomaron a iniciativa da constitución dunha asociación de empresarios.

Dende a Asociación de empresarios de A Gudiña, pretendemos dinamizar as nosas empresas ofertando e publicitando os sevizos cos que contamos. Pretendemos dar o mellor sevizo e as mellores calidades partindo das materias primas propias da zona.

Os nosos obxectivos son os seguintes:

  • A defensa e fomento da economía de mercado.
  • A representación, defensa e promocións dos intereses económicos, sociais, profesionais e culturais dos afiliados.
  • O fomento da solidariedade dos empresarios afiliados, promocionando e creando servizos comúns de natureza asistencial.
  • O progama das accións necesarias para acadar melloras sociais e económicas dos afiliados.
  • A organización dunha constante tarefa formativa e de promoción cultural dos seus afiliados.
A GudiñaA GudiñaA Gudiña
Estrada Xeral, 30
32540 A Gudiña. Ourense
Tel.988 421 195